viernes, 27 de marzo de 2020

Actividades de reforzo para infantil e 1º-2º de primaria



Bo día:

Hoxe presentamos un caderno de actividades para alumnado da etapa de infantil e 1º e 2º de primaria, pensando sobre todo no alumnado con algún tipo de dificultade.

Son actividades variadas para aprendizaxe de lectoescritura (grafomotricidade, letras, etc) de matemáticas (lóxica, asociación, aprender a contar...). Algunhas requiren impresora pero outras pódense facer oralmente.

Si pinchades sobre o documento poderedes acceder a el.


Están extraídas do blog entre nubes especiales. Si tedes interese no blog esta é a dirección: http://entrenubesespeciales.blogspot.com/


lunes, 23 de marzo de 2020

Contacto


Se queres poñerte en contacto con nós envíanos un correo electrónico a orientacionfontinhas@gmail.com

Quen somos

Boas!
Somos o equipo de Orientación do Ceip das Fontiñas de Santiago de Compostela. Benvidos e benvidas á nosa web-casa.

sábado, 21 de marzo de 2020

Contos para quedarse na casa


Eloy Moreno creou este ebook gratuíto para que estes días de corentena pasen máis rápido e dunha forma máis entretida. Estes contos son tanto para adultos como para nenos e nenas a partir de 7-8 anos. O máis bonito é lelos, compartilos e comentalos, como dí o seu propio autor.

Hora de divertirse: cancións para a nostalxia

Chámase The nostalgia Machine e funciona de maneira moi sinxela: escolle un ano e a disfrutar dos éxitos musicais desos 365 días.


21 de marzo: día mundial da síndrome de down


No día de hoxe compartimos convosco unha iniciativa que nos parece interesante. Chámase calcetíns desparellos e participar é moi sinxelo: consiste en facer unha parella nova e diferente con calcetíns da casa e subir unha foto con eles ás redes socias co hastag: #TANDIFERENTESCOMOIGUAIS
Animádevos a participar!



Estado de Alarma: as persoas con TEA poderán sair á rúa acompañadas


É unha noticia da que se fan eco varios medios que informan da nova Instrucción publicada no BOE con data do 20 de marzo por parte do Ministerio de Sanidade e que habilita ás persoas con trastorno do espectro autista a saires á rúa nestos complicados días.

A fonte da que extraemos esta noticia é a web da Confederación de Autismo de España.